sábado, 26 de marzo de 2011

Testamento do porco. Entroido 2011- Mos-keo

TESTAMENTO DO PORCO

Á Policia Local déixalle o conduto anal, a ver se deixan de multar ó persoal. O punto de
control é a parada de Puxeiros, como poñas o intermitente,… aparece un axente.

Os do Mos-Keo levan o traballo e a Comunidade de Montes pon os cartos, despois ven o
madeireiro e arrinca os sinais do sendeiro. O porco deixoulle un collón,… por mamalón.

Ao capataz da cuadrilla do monte, Sindo, deixoulle os ollos, de lonxe aínda bueno pero de
cerca non mira ben.

Deixou dentro da corte a Faustino “o de Fomento”, pa’ que siga facendo o mono rebozándose
no abono.

Á Asociación de Veciños deixoulles a Cacheira, pa’ que se lembren de vir máis de cotío pola
Carballeira

Á Festa da Prehistoria deixoulle o corazón, pa’ ver se son capaces de acabar co botellón.

No Moskeo deixou un pezuño, pa’ facer buracos dos espantallos nas veigas no mes de xuño.

Ó Circulo Cultural deixoulle os miolos, pa’ que deixen de pensar en facer a festa eles solos.
Tamén deixou para a Rondalla o bandullo, porque para os veciños de Mos é un orgullo.

Á Fundación deixoulle un lacón, pa’ que os problemas do Pazo teñan solución.

Aos traballadores de Isocold deixoulles as costelas pa’ que fagan unha churrascada e superen
mellor esta gran putada. Ao Xefe que os enganou deixoulle as tripas aínda que non merece nin
as cascas das pipas.

Ó Lagarto Alonso deixoulle o touciño pa’ que poña os cables de aluminio,… a situación é tan
pobre que os cacos rouban todo o que teña cobre.

O porco enterouse de que Jorge “fai boas mijas con Julia Loureiro”, para iso lles deixou na
casa o caldeiro.

A Berto, o concelleiro de deportes, deixoulle os untos, por queimar os cartos dos foguetes
todos xuntos.

A Jose Maria “O Xefe” deixoulle a pía, pa’q ue arranxe os semáforos da Vía.

A Nidia Arevalo deixoulle o fígado, pa’ que lle filtre as facturas de tanto líquido,…. A este
curricho, sepa usté,… tamén lle gustaba o likor do nejro kafé.

A Zapatero deixaralle sempre o rabo, ata que non solucione o problema do paro.

A Rajoy deixoulle o arillo, pa que llo poña a Camps e máis ó do bigotillo.

A señora Pajín deixalle os pulmós, porque os fumadores e taberneiros tamén queren
solucións…….. e non só prohibicións.

Os chourizos deixounos na carballeira, para que os probe quen queira.

viernes, 25 de marzo de 2011

CERDA 212. (A FUXIDA DO SR. PORCALLÓN). Entroido 2011

PARROQUIA DE MOS-ENTROIDO - 2011

CERDA 212. (A FUXIDA DO SR. PORCALLÓN).

O Sr Porcallón fuxiu do matadeiro o día da Folga Xeral aproveitando a ausencia de parte do
personal. Igual que no caso do touro “Tame”, montouse un dispositivo de captura pero o
curricho conseguiu burlar o cordón policial.

En Puxeiros saltouse o radar e, sempre fuxindo, pasou polo medio da rotonda da Pena de
Francia porque non quería soplar. Finalmente agochouse no Polígono Industrial.

Alí pasou a súa primeira noite en liberdade, onde coñeceu a varios xabaríns que estaban de
mudanzas, ían para o monte do Castelo. O Sr. Porcallón prometeu que algún día iría a vivir con
eles, pero antes tiña que buscar choio e arranxar uns papeles.

Xa pola mañá viu chegar os obreiros do polígono e púxose a mirar como traballaban. Cando xa
estaban rematando, aí polas 12:30 h. empezaron a chegar cochazos (*coches jrandes) dos que
baixaron uns homes moi ben traxeados. Puxeron un casco e un chaleco reflectante, comezaron
a falar e ao noso porquiño pareceulle moi interesante. Debatían sobre como facer o acceso
o polígono industrial e escolleron a proposta que precisaba máis pontes, máis pilares e máis
cemento! dicía un elemento. En vinte minutiños xa o tiñan todo claro e tomou a palabra
un señor con orellas de burro que dixo: e agora, o máis interesante, que xa nos esperan no
restaurante!... este cretino chamábase Faustino.

Marchou o porco rosmando polo Paseo do río Louro ata a Ponte do Río e alí fixo uns exercicios
nos aparatos que hai no Parque da Pateira. Despois dunhas cantas flexións con moito brío
deuse un chapuzón no río para comprobar que todo estaba inundado e sombrío.

Máis tarde decidiu ir dar unha volta e ao chegar á Ponte do Regueiro tivo que pegar un chimpo
porque viña un coche polo rueiro. Era Diego da Pedreira e o porco preguntoulle se ía á feira.
Sube que te levo, díxolle o Diego, vou para Xinzo de Limia, a terra da pataca. xa estaba o
marrán entrando no coche cando oiu berrar ao Tivo que dicía: eu de ti non subía, mira que o
sogro dese rapaz ten unha carnicería!. E o cochino asustado escapou pensando… non vaia ser
que este cromañón poña en venta o meu xamón.

Subindo pola Veiga do Muíño chegou ata a Laxe. Alí mirou a sinalización da ruta de
sendeirismo e decidiu facer turismo, pero ó chegar a Penide viu un tractor e agochouse para
deixalo pasar. Era o madeireiro! A partir daquel tramo deixou de ver as marcas do sendeiro.

Perdido no monte, o porco empezou a dar voltas extraviado, ata que petou de fronte cun
“Jalucho” que baixaba embalado. O marrau, co impacto, quedou totalmente aparvado.
(*Jalucho = camión que dende hai dous anos trae terra do túnel do AVE para tapar o buraco da
canteira).

Cando espertou estaba na Prehistoria e dixo: esta festa é unha gloria! Pero contra a noitiña
decatouse de que había moito cromañón que so viñera á festa a facer botellón. E o marrán
marchou moi desgustado da Penacova.


Decidiu voltar ao río e na ponte da Pesqueira atopou unha saia tirada, un veciño que pasaba
informouno: á espantalla Eulalia arrincaronlle esa saia marrón o día da violación. O animal
quedou a pensar… quen sería o mamalón?.

Logo atravesou as pontes de madeira da Pesqueira e decatouse de que o río ía cheo… ai, miña
nai, como quedou este paseo!!!. Cando chegou á Noveleda alguén lle impediu o paso, …“esta
veiga non é paseo nin zona de recreo”... era Óscar, outro cromañón,... que repetía: Fóra de
aquí , Sr. Porcallón!!! .

O porco retrocedeu ata a Pesqueira e alí atopouse con Pepe “Pescador” que o convidou á
inauguración do Alpendre… E o porco pensou: total, pa o que se aprende...

Veña, ponme un vermú... antes de que me dean polo cú. Tomouno dun trajo e marchou ata o
Kiosko de Flora, pediulle o “Faro de Vigo” e púxolle un viño,…. pediulle “El País” e serviulle un
chupito de anís,…. e despois, que maravilla!, o cocho tamén comeu tortilla!.

Pediu as chaves do albergue para lavar os pes antes de ir á casa do Marqués e despois co Faro
debaixo do brazo entrou pola porta do Pazo.

Alí eZtaban o MarquéZ e a MarqueZa que empezaron a romperlle a cabeZa. De repente ao
animal deulle un apurón e cagou un peido que semellou unha explosión. Neses intres entrou
Lisardo, moi asustado polo tremor, que lle dixo: espera un momento, que tes que firmar un
documento . O porco leu o papel e flipou. Era un contrato cunha clausula de rescisión:

Art 8. Rescisión de contrato: ei algunha vez o cochino decidise non cagar no Pazo, perdería a
súa condición de cagón, quedando outro cochino con tódolos dereitos da cagada.

O porco saiu pola porta decidido a pedir chollo no Concello así que dirixiuse á casa de Nidia
para pedirlle unha entrevista, pero ela non estaba.

Atopouse con Manolo e e Moncho Muíños, dous patróns da Fundación que tiñan unha gran
preocupación,… alguén pretendía romper a Parroquia… buuuuffff, resoplou o Porcallón, neste
pobo non hai maneira!,… eu vou comer landras para a Carballeira!.

Xa estaba pensando en botar alí unha tempada cando mirou á Policía Local que o buscaba,…
alguén o delatara!. Subiu ao alto dun carballo e agardou a que os axentes marcharan.

Xusto nese momento pasou o tren e todo retemblou, o animal caeu abaixo porque sufriu un
mareo…

...e así, agonizando, atopámolo os do Moskeo.

Deunos tempo a escoitar as súas derradeiras vontades, que aquí reflexamos para que vos
divirtades: