ARDE O PAZO
14 de Abril de 2012 - MÓS
Un ano máis, todos esperamos a chegada da festa na que revivimos o paso
do exército francés por Mós e o incendio do pazo.
De momento, aquí tedes un adianto das
actividades deste ano, estades convidados a participar en todas elas.
Sábado, 24 de Marzo, ás 19:30 h. no auditorio do pazo de
Mós.
CONFERENCIA. Ernesto Vásquez Souza.
“A
francesada. Unha visión dende Galiza”.
Domingo, 25 de Marzo.
Andaina-visita guiada ata o “Penedo da Alarma”.
Visitaremos o debuxo gravado nun penedo do
Brazal (no monte de Louredo). O gravado representa unha figura humana cunha
vestimenta que lembra moito á utilizada en 1809. Analizaremos as características máis salientables que fan
pensar que o debuxo foi feito por aquelas datas e afondaremos no significado e
función que tivo este grabado na loita contra o exército de Napoleón.
Percorrido: Pazo
de San Antoíño, marxe esquerda do regueiro da Torroeira, Alto dos Focos, o
Brazal. Volta.
Saída: dende o
local do Centro Cultural “A cividade” de Louredo.
Horario: saída ás 10:00 h. – chegada ás 13:00 h (aprox.).
UN AUTOBúS PARA RECONQUISTAR VIGO.
Domingo, 1 de Abril.
Os mosenses destacaron na tan
celebrada reconquista de Vigo. A porta da Gamboa, a primeira que caeu, foi atacada
pola xente de Sto. Antoíño (Louredo), Mós e toda a Louriña.
Sentímonos orgullosos da coraxe e
valentía que tiveron aqueles mosenses e, para que este episodio non caia no
esquecemento, un ano máis encabezaremos o ataque á porta da Gamboa na festa da
Reconquista de Vigo. Sirva como lembranza e homenaxe aos nosos heróes de 1809.
Prezo autobus: 3 €. (Ida e volta)
Saida: 15:30
h.
Percorrido: A
Cividade, Louredo – a Carballeira de Mós – Pazo de Mós – Chan do Bosque – Alto
de Puxeiros – Vigo.
Chegada: 21:00
h. (aprox.).
No PAZO DE MÓS ou no C.C.D. STA. EULALIA, no telf: 986 34 80
01.
Asoc. Cultural, A CIVIDADE, de Louredo, telf: 661 433 947.
Asoc. Cultural, A CIVIDADE, de Louredo, telf: 661 433 947.
Asoc. De Veciños, CHAN DO BOSQUE,
telf: 670 233 772.
DÍAS DE ENSAIO XERAL, ARDE O PAZO.
25 de marzo e 8 de
abril ás 17.00 h. no Pazo.
Se queres participar na
representación, non o dubides, hai sitio para todos
(Páxina web: http://ardeopazo.blogspot.com.es/)
(Páxina web: http://ardeopazo.blogspot.com.es/)