Fogueira de San Xoán na Parroquia de Mos
Concurso de espantallos.
A asociación Xuvenil Mos-Keo Colectivo convoca este concurso dentro da programación da fogueira de San Xoán que se celebrará o 23 de xuño no parque da Ponte Pesqueira, na parroquia de Mos.
Os Espantallos entregaránse canto antes para a súa exposición nas leiras. Cada semana de exposición sumará 1 punto sobre a nota do xurado.
Lugar de entrega: " A Carballeira", local da asociación xuvenil Mos-Keo colectivo (consultar horarios de entrega en asociacionmoskeo@yahoo.es ou no telefóno 673 778 328). O mellor é que te acompañemos á leira para inscribilo oficialmente no concurso e, de paso, vemos como funciona o teu espantallo.
A data límite é o 23 de Xuño de 2010, antes das 18:00 h, no parque da Pesqueira, e quedarán montados de xeito seguro no lugar indicado pola organización.
Deberán vir coa súa documentación que indique o seu nome, datos do fabricante, lugar de procedencia e outros datos de interese.
Tódolos espantallos serán queimados e ogañador arderá no alto da fogueira. O xurado poderá salvar do lume algún espantallo por decisión propia ou a petición do público asistente. Neste caso o espantallo pasará a ser propiedade da organización que decidirá o seu posible uso.
Valoraranse positivamente os espantallos feitos con materiais reciclados.
Non entrarán a concurso os espantallos feitos con productos plásticos e outros materiais que poidan ocasionar mal cheiro ou fume no momento da queima da fogueira.
O xurado pode valorar o espantallo máis tradicional, o máis innovador, o que mellor cumpla a súa función o de mellor calidade artística, o máis humorístico, etc, ...
Premios: Haberá un 1º premio e dous 2º premios.
Os traballos entregados antes do día 20 expoñerémolos á beira do Camiño de Santiago, ó seu paso polo barrio do Castro, paseo do río Louro e parque da Pesqueira.
Colaboran:
Concello de Mos
Fundación Pazo de Mos
Comunidade de Montes-Salgueirón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario