jueves, 23 de junio de 2011

E os últimos espantallos

E os últimos espantallos.

Xa se achega o momento de prender lume nas cacheiras de San Xoan, e nos espantallos do concurso. Estes son os últimos participantes.
 Agripina
 Antón Papón
 Divina
Sonrisitas




martes, 21 de junio de 2011

Máis espantallos.

Máis espantallos do concurso de espantallos de San Xoan. 

Berska
 Espantallo Moskeado
 O Jos e mailo Diego
 O Moi
 Pepe Noel
 Socios con Bob Sponja
Socios con espantallos.

martes, 14 de junio de 2011

Espantallos do concurso de Espantallos 2011

Algúns dos espantallos participantes no concurso de Espantallos San Xoan 2011 organizado pola asociación Xuvenil Mos-Keo Colectivo:

N3 e N2
 N3
 N1 Xente na Leira
 N2
N2

martes, 24 de mayo de 2011

II Concurso de Espantallos

A Asociación Xuvenil Mos-Keo Colectivo convoca a 2ª edición do Concurso de Espantallos dentro das actividades polo San Xoan.

 Estas son as bases da convocatoria do II Concurso de Espantallos. A.X. Mos-Keo Colectivo

lunes, 18 de abril de 2011

Arde o Pazo 2011. Así o viron os xornais

Las tropas francesas toman Mos
Los vecinos representan la invasión del ejército de Napoleón a su pueblo en 1809
(Faro de Vigo)

Mos retrocedió ayer 202 años para revivir su historia, la invasión de su pueblo por parte de las tropas napoleónicas. Miembros de las asociaciones mosenses se convirtieron en actores por un día y representaron la historia sin eludir las muertes ni los ahorcamientos. La fiesta acabó con efectos especiales simulando el incendio del pazo.
Dos siglos después, el Pazo dos Marqueses de Mos volvió a arder, esta vez con efectos especiales. Varias asociaciones mosenses fueron las encargadas ayer de recrear la invasión del ejército de Napoleón a su pueblo en 1809.
Repartidos los papeles, unos caracterizaron a los franceses y otros a los lugareños. A mediodía la parroquia de Mos se convirtió en un plató de cine, con decenas de actores pero sin cámaras. No faltó detalle y se escenificaron las hitos históricos claves: el saqueo del mercado del ejército del general Maucune, la captura de los marqueses y su familia, la emboscada de los héroes locales (el caudillo de San Antoíño y el comandante da Louriña, el fraile Francisco Giráldez) así como el ahorcamiento de varios franceses.
El final no tuvo sorpresas, el ejército invasor plantó fuego al pazo. Eso sí, en este caso la escenificación se limitó a un simulacro dirigido por un profesional de efectos especiales.
La fiesta "Arde o Pazo" destaca por su lograda caracterización y fidelidad a la historia de hace dos siglos. Sin embargo, no se limita a su aspecto teatral. Los organizadores, la Asociación Xuvenil Mos-keo Colectivo y el Círculo Cultural Santa Eulalia de Mos, la enriquecieron con un mercadillo de artesanía que incluyó productos gastronómicos como pulpo á feira y tabernas de la zona que ofrecieron vinos de la comarca. Asimismo, hubo demostraciones de oficios tradicionales como herrero, alfarero, tornero o carpintero.
Por la tarde, la fiesta se enriqueció con juegos tradicionales para los niños y una lucha dialéctica en clave de regueifa entre los populares Benito Lobariñas y Luis "O Caruncho", que encarnaron a un francés y a un gallego.
Además de charangas y pasacalles, los mosenses hicieron las paces con un taller de bailes franceses.

Los vecinos de Mos hacen frente a los franceses y el calor
(La Voz de Galicia)

Pega el sol y toca pelear. Pereza a un lado y sacho en la mano, que los franceses no pueden derrotar a los vecinos de Mos. No hay calor cuando se trata de luchar para repeler a las tropas de Napoleón aunque, como el año pasado y el anterior, acaben destrozando el Pazo dos Marqueses.

Entre tregua y tregua, un momento para tomar algo de pulpo con un vino, aprender a bailar danzas bretonas o comprar artesanía. Así fue la jornada de todos los vecinos de A Louriña que disfrutaron de la representación de Arde o Pazo, una iniciativa de Moskeo Colectivo y la asociación cultural Santa Eulalia que este año cumple su tercera edición. Para apoyar a los más de 40 actores que interpretaban a los franceses y los héroes locales, todos los vecinos se volcaron. Disfraz sencillo y ganas de lanzarse verduras o piedras de papel eran los únicos requisitos para participar en la batalla. Los esfuerzos consiguieron atrapar a cinco soldados, que fueron fusilados sin piedad para resarcirse tras los destrozos en el mercado.

Aunque sin duda uno de los momentos de más expectación, con cientos de participantes, fue la emboscada que tendieron a las tropas mientras marchaban en dirección a Tui.

Efectos especiales

Como no todo iba a ser pelea, la jornada estuvo carga de música por todas las esquinas, charangas, grupos de folclore y otras notas sonaron en el entorno del Pazo de Mos. Para rematar la cita, un espectacular incendio con efectos especiales y pirotecnia recordó cómo el edificio resultó destrozado.

La puesta en escena corrió a cargo de Ricardo Spencer, un experto en efectos de este tipo en el sector del cine que no escatimó iluminación para que los balcones del edificio parecieran arrasados por las llamas. Ahora ya se sabe el siguiente paso: empezar a preparar la próxima edición de Arde o Pazo.


martes, 29 de marzo de 2011

Programación ARDE O PAZO 2011



Programación ARDE O PAZO 2011.

  • Ás 10 da mañá:

Chegan os marqueses ó Pazo de Mos

Apertura do mercado de artesanía e productos gastronómicos

Demostracións e obradoiros de oficios tradicionais:

Ferreiro, oleiro, instrumentos musicais, carpinteiro, millo corvo

  • Ás 11:00 h. Actuación dos grupos folklóricos: As Zaragateiras, treboeiros da Muimenta.
  • Ás 11:45 h. Chegada da Alarma de Pontesampaio anunciando o avance do exército do xeneral Maucune.
  • Ás 12:00 h Chegada do exército francés, asalto ó mercado e apresamento dos marqueses.

Proclama do frade Giráldez e o caudillo José Benito Bernárdez

Emboscada da Alarma de Sto. Antoiño ao exército francés.

  • Xantar popular: polvo á feira, carne o caldeiro, tapas variadas e furanchos.
  • Á partir das 16:30 h. Animación de rúa: xogos tradicionais, obradoiros para nenos e grupo O celado.

Regueifas entre un galego e un francés. Luis Caruncho e Benito Lobariñas.

  • Ás 18:00 h. Recoñecemento aos personaxes máis destacados do Val de Louriña.

Aforcamento dos prisioneiros franceses.

  • Ás 19:00 h. Suso Monteira. Obradoiro de bailes franceses con música de Fernando Barroso e Luis Peixoto

Pasarúas da Charanga Charamujas e os Treboeiros da Muimenta

  • Ás 21:00 h. Retorno dos franceses e incendio do Pazo (espectáculo pirotécnico).

Actuacións musicais:
Charanga Air Jalisia
Charanga Vaite Xá

En 1809 o exército de Napoleón invadiu Galiza e apoderouse das vilas máis importantes do país pero o pobo, farto dos abusos cometidos polos gabachos, organizouse para expulsalos da nosa terra en dous meses. Na súa retirada os franceses cometeron todo tipo de barbaridades. En Mos incediaron o pazo e prenderon ós marqueses, entre outros feitos destacables. Hoxe os mosenses recreamos estes acontecementos para lembrar esta parte da nosa historia no entorno do pazo, que finalmente foi reconstruido polos veciños da Parroquia de Mos 200 anos despois.


http://ardeopazo.org/

sábado, 26 de marzo de 2011

Testamento do porco. Entroido 2011- Mos-keo

TESTAMENTO DO PORCO

Á Policia Local déixalle o conduto anal, a ver se deixan de multar ó persoal. O punto de
control é a parada de Puxeiros, como poñas o intermitente,… aparece un axente.

Os do Mos-Keo levan o traballo e a Comunidade de Montes pon os cartos, despois ven o
madeireiro e arrinca os sinais do sendeiro. O porco deixoulle un collón,… por mamalón.

Ao capataz da cuadrilla do monte, Sindo, deixoulle os ollos, de lonxe aínda bueno pero de
cerca non mira ben.

Deixou dentro da corte a Faustino “o de Fomento”, pa’ que siga facendo o mono rebozándose
no abono.

Á Asociación de Veciños deixoulles a Cacheira, pa’ que se lembren de vir máis de cotío pola
Carballeira

Á Festa da Prehistoria deixoulle o corazón, pa’ ver se son capaces de acabar co botellón.

No Moskeo deixou un pezuño, pa’ facer buracos dos espantallos nas veigas no mes de xuño.

Ó Circulo Cultural deixoulle os miolos, pa’ que deixen de pensar en facer a festa eles solos.
Tamén deixou para a Rondalla o bandullo, porque para os veciños de Mos é un orgullo.

Á Fundación deixoulle un lacón, pa’ que os problemas do Pazo teñan solución.

Aos traballadores de Isocold deixoulles as costelas pa’ que fagan unha churrascada e superen
mellor esta gran putada. Ao Xefe que os enganou deixoulle as tripas aínda que non merece nin
as cascas das pipas.

Ó Lagarto Alonso deixoulle o touciño pa’ que poña os cables de aluminio,… a situación é tan
pobre que os cacos rouban todo o que teña cobre.

O porco enterouse de que Jorge “fai boas mijas con Julia Loureiro”, para iso lles deixou na
casa o caldeiro.

A Berto, o concelleiro de deportes, deixoulle os untos, por queimar os cartos dos foguetes
todos xuntos.

A Jose Maria “O Xefe” deixoulle a pía, pa’q ue arranxe os semáforos da Vía.

A Nidia Arevalo deixoulle o fígado, pa’ que lle filtre as facturas de tanto líquido,…. A este
curricho, sepa usté,… tamén lle gustaba o likor do nejro kafé.

A Zapatero deixaralle sempre o rabo, ata que non solucione o problema do paro.

A Rajoy deixoulle o arillo, pa que llo poña a Camps e máis ó do bigotillo.

A señora Pajín deixalle os pulmós, porque os fumadores e taberneiros tamén queren
solucións…….. e non só prohibicións.

Os chourizos deixounos na carballeira, para que os probe quen queira.

viernes, 25 de marzo de 2011

CERDA 212. (A FUXIDA DO SR. PORCALLÓN). Entroido 2011

PARROQUIA DE MOS-ENTROIDO - 2011

CERDA 212. (A FUXIDA DO SR. PORCALLÓN).

O Sr Porcallón fuxiu do matadeiro o día da Folga Xeral aproveitando a ausencia de parte do
personal. Igual que no caso do touro “Tame”, montouse un dispositivo de captura pero o
curricho conseguiu burlar o cordón policial.

En Puxeiros saltouse o radar e, sempre fuxindo, pasou polo medio da rotonda da Pena de
Francia porque non quería soplar. Finalmente agochouse no Polígono Industrial.

Alí pasou a súa primeira noite en liberdade, onde coñeceu a varios xabaríns que estaban de
mudanzas, ían para o monte do Castelo. O Sr. Porcallón prometeu que algún día iría a vivir con
eles, pero antes tiña que buscar choio e arranxar uns papeles.

Xa pola mañá viu chegar os obreiros do polígono e púxose a mirar como traballaban. Cando xa
estaban rematando, aí polas 12:30 h. empezaron a chegar cochazos (*coches jrandes) dos que
baixaron uns homes moi ben traxeados. Puxeron un casco e un chaleco reflectante, comezaron
a falar e ao noso porquiño pareceulle moi interesante. Debatían sobre como facer o acceso
o polígono industrial e escolleron a proposta que precisaba máis pontes, máis pilares e máis
cemento! dicía un elemento. En vinte minutiños xa o tiñan todo claro e tomou a palabra
un señor con orellas de burro que dixo: e agora, o máis interesante, que xa nos esperan no
restaurante!... este cretino chamábase Faustino.

Marchou o porco rosmando polo Paseo do río Louro ata a Ponte do Río e alí fixo uns exercicios
nos aparatos que hai no Parque da Pateira. Despois dunhas cantas flexións con moito brío
deuse un chapuzón no río para comprobar que todo estaba inundado e sombrío.

Máis tarde decidiu ir dar unha volta e ao chegar á Ponte do Regueiro tivo que pegar un chimpo
porque viña un coche polo rueiro. Era Diego da Pedreira e o porco preguntoulle se ía á feira.
Sube que te levo, díxolle o Diego, vou para Xinzo de Limia, a terra da pataca. xa estaba o
marrán entrando no coche cando oiu berrar ao Tivo que dicía: eu de ti non subía, mira que o
sogro dese rapaz ten unha carnicería!. E o cochino asustado escapou pensando… non vaia ser
que este cromañón poña en venta o meu xamón.

Subindo pola Veiga do Muíño chegou ata a Laxe. Alí mirou a sinalización da ruta de
sendeirismo e decidiu facer turismo, pero ó chegar a Penide viu un tractor e agochouse para
deixalo pasar. Era o madeireiro! A partir daquel tramo deixou de ver as marcas do sendeiro.

Perdido no monte, o porco empezou a dar voltas extraviado, ata que petou de fronte cun
“Jalucho” que baixaba embalado. O marrau, co impacto, quedou totalmente aparvado.
(*Jalucho = camión que dende hai dous anos trae terra do túnel do AVE para tapar o buraco da
canteira).

Cando espertou estaba na Prehistoria e dixo: esta festa é unha gloria! Pero contra a noitiña
decatouse de que había moito cromañón que so viñera á festa a facer botellón. E o marrán
marchou moi desgustado da Penacova.


Decidiu voltar ao río e na ponte da Pesqueira atopou unha saia tirada, un veciño que pasaba
informouno: á espantalla Eulalia arrincaronlle esa saia marrón o día da violación. O animal
quedou a pensar… quen sería o mamalón?.

Logo atravesou as pontes de madeira da Pesqueira e decatouse de que o río ía cheo… ai, miña
nai, como quedou este paseo!!!. Cando chegou á Noveleda alguén lle impediu o paso, …“esta
veiga non é paseo nin zona de recreo”... era Óscar, outro cromañón,... que repetía: Fóra de
aquí , Sr. Porcallón!!! .

O porco retrocedeu ata a Pesqueira e alí atopouse con Pepe “Pescador” que o convidou á
inauguración do Alpendre… E o porco pensou: total, pa o que se aprende...

Veña, ponme un vermú... antes de que me dean polo cú. Tomouno dun trajo e marchou ata o
Kiosko de Flora, pediulle o “Faro de Vigo” e púxolle un viño,…. pediulle “El País” e serviulle un
chupito de anís,…. e despois, que maravilla!, o cocho tamén comeu tortilla!.

Pediu as chaves do albergue para lavar os pes antes de ir á casa do Marqués e despois co Faro
debaixo do brazo entrou pola porta do Pazo.

Alí eZtaban o MarquéZ e a MarqueZa que empezaron a romperlle a cabeZa. De repente ao
animal deulle un apurón e cagou un peido que semellou unha explosión. Neses intres entrou
Lisardo, moi asustado polo tremor, que lle dixo: espera un momento, que tes que firmar un
documento . O porco leu o papel e flipou. Era un contrato cunha clausula de rescisión:

Art 8. Rescisión de contrato: ei algunha vez o cochino decidise non cagar no Pazo, perdería a
súa condición de cagón, quedando outro cochino con tódolos dereitos da cagada.

O porco saiu pola porta decidido a pedir chollo no Concello así que dirixiuse á casa de Nidia
para pedirlle unha entrevista, pero ela non estaba.

Atopouse con Manolo e e Moncho Muíños, dous patróns da Fundación que tiñan unha gran
preocupación,… alguén pretendía romper a Parroquia… buuuuffff, resoplou o Porcallón, neste
pobo non hai maneira!,… eu vou comer landras para a Carballeira!.

Xa estaba pensando en botar alí unha tempada cando mirou á Policía Local que o buscaba,…
alguén o delatara!. Subiu ao alto dun carballo e agardou a que os axentes marcharan.

Xusto nese momento pasou o tren e todo retemblou, o animal caeu abaixo porque sufriu un
mareo…

...e así, agonizando, atopámolo os do Moskeo.

Deunos tempo a escoitar as súas derradeiras vontades, que aquí reflexamos para que vos
divirtades:

O enterro do porco. Entroido 2011. Mos-keo

A PARROQUIA DE MOS DESPIDE O ENTROIDO CO “ENTERRO DO PORCO”.

Sábado, 12 de marzo, ás 19:30 h., no Pazo de Mos – A Carballeira.

Un ano máis a A.X. Mos-keo Colectivo organiza esta singular despedida do entroido
mosense personificada na figura do Sr. Porcallón.

Ás 19:30h. tódolos veciños poderán asistir ao velorio que terá lugar no Pazo de Mos, ao que se
roga asistir de riguroso loito e con ganas de pasalo ben.

Despois terá lugar o tradicional acompañamento ata a Carballeira (onde está o local social
da asociación xuvenil). A procesión estará acompañada polo grupo de percusión Bata-Unga e
recitaranse as cantigas compostas para honrar ao difunto animal.

Na Carballeira procederáse a lectura das derradeiras vontades por parte do notario que
repartirá as partes boas do porco (xamóns, solomillos, lacóns, etc) e tamén as malas (rabo,
bandullo, tripas,etc,..) entre diferentes persoeiros .

Os asistentes poderán coñecer a historia do Sr. Porcallón e os pormenores da súa chegada
a Mos, o percorrido que fixo e as causas que lle provocaron a morte. Estes feitos, que son
ficticios pero baseados en sucesos reais, relatan as visitas deste animal a persoeiros, políticos,
e lugares nos que hai algunha polémica de interese parroquial ou municipal.

Despois procederáse á queima do porco e para rematar (21:00h.) haberá unha degustación
dos chourizos do difunto.

jueves, 24 de marzo de 2011

CANTIGA DO SR. PORCALLÓN Mos-Keo Entroido

1 - ¿ONDE ESTÁ O PORCO? - ¡MORREU!

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡NO CEO !

OS DA NOVELEDA

TEÑEN UN PROBLEMA

NON QUEREN O PASEO

¡ MENUDO DILEMA ¡

MANDA CARALLO - O PORCO MORREU,

RECOMENDOUNO NIDIA

AGORA ESTÁ NO CEO

¿ONDE ESTÁ O PORCO? - ¡MORREU!

¿ONDE ESTÁ O PORCO? - ¡NO CEO !

FÓRA OS CAZADORES

DO MONTE SALGUEIRÓN

DEIXADE TRANQUILO

O SEÑOR PORCALLÓN

MANDA CARALLO - O PORCO MORREU,

RECOMENDOUNO NIDIA

AGORA ESTÁ NO CEO

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡MORREU!

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡NO CEO!

O DONO DA GRANXA

MENUDO ELEMENTO

INDA IMOS QUEDAR

SEN APARCAMENTO

MANDA CARALLO - O PORCO MORREU,

RECOMENDOUNO NIDIA

AGORA ESTÁ NO CEO

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡MORREU!

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡NO CEO!

ESTE CURRICHIÑO

PERDEUSE NO SENDEIRO

FALTAN OS SINAIS

QUE ARRINCOU O MADEIREIRO

MANDA CARALLO - O PORCO MORREU,

RECOMENDOUNO NIDIA

AGORA ESTÁ NO CEO

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡MORREU!

¿ÓNDE ESTÁ O PORCO? - ¡NO CEO!

MARÍA “DO JULIÁN”

NON QUERE SER MARQUESA

TEMOS QUE PEDIRLLO

Á SEÑORA ALCALDESA

MANDA CARALLO - O PORCO MORREU,

RECOMENDOUNO NIDIA

AGORA ESTÁ NO CEO



Cantiga do Sr. Porcallón

Entroido 2011 – Parroquia de Mos

Asociación Xuvenil Moskeo

viernes, 18 de marzo de 2011

Arde o Pazo 2011. Mos contra os franceses



Arde o Pazo 2011. Mos contra os franceses

Xa temos un adianto do cartel da festa "Arde o Pazo", festa histórica que celebra a loita contra o exército francés no entorno do Pazo de Mos.

O próximo 16 de Abril todos a Mos!!


Pronto máis información, coa programación completa da Festa.

Tamén en ArdeOPazo.Org

Faite seguidor en Facebook.