viernes, 25 de marzo de 2011

CERDA 212. (A FUXIDA DO SR. PORCALLÓN). Entroido 2011

PARROQUIA DE MOS-ENTROIDO - 2011

CERDA 212. (A FUXIDA DO SR. PORCALLÓN).

O Sr Porcallón fuxiu do matadeiro o día da Folga Xeral aproveitando a ausencia de parte do
personal. Igual que no caso do touro “Tame”, montouse un dispositivo de captura pero o
curricho conseguiu burlar o cordón policial.

En Puxeiros saltouse o radar e, sempre fuxindo, pasou polo medio da rotonda da Pena de
Francia porque non quería soplar. Finalmente agochouse no Polígono Industrial.

Alí pasou a súa primeira noite en liberdade, onde coñeceu a varios xabaríns que estaban de
mudanzas, ían para o monte do Castelo. O Sr. Porcallón prometeu que algún día iría a vivir con
eles, pero antes tiña que buscar choio e arranxar uns papeles.

Xa pola mañá viu chegar os obreiros do polígono e púxose a mirar como traballaban. Cando xa
estaban rematando, aí polas 12:30 h. empezaron a chegar cochazos (*coches jrandes) dos que
baixaron uns homes moi ben traxeados. Puxeron un casco e un chaleco reflectante, comezaron
a falar e ao noso porquiño pareceulle moi interesante. Debatían sobre como facer o acceso
o polígono industrial e escolleron a proposta que precisaba máis pontes, máis pilares e máis
cemento! dicía un elemento. En vinte minutiños xa o tiñan todo claro e tomou a palabra
un señor con orellas de burro que dixo: e agora, o máis interesante, que xa nos esperan no
restaurante!... este cretino chamábase Faustino.

Marchou o porco rosmando polo Paseo do río Louro ata a Ponte do Río e alí fixo uns exercicios
nos aparatos que hai no Parque da Pateira. Despois dunhas cantas flexións con moito brío
deuse un chapuzón no río para comprobar que todo estaba inundado e sombrío.

Máis tarde decidiu ir dar unha volta e ao chegar á Ponte do Regueiro tivo que pegar un chimpo
porque viña un coche polo rueiro. Era Diego da Pedreira e o porco preguntoulle se ía á feira.
Sube que te levo, díxolle o Diego, vou para Xinzo de Limia, a terra da pataca. xa estaba o
marrán entrando no coche cando oiu berrar ao Tivo que dicía: eu de ti non subía, mira que o
sogro dese rapaz ten unha carnicería!. E o cochino asustado escapou pensando… non vaia ser
que este cromañón poña en venta o meu xamón.

Subindo pola Veiga do Muíño chegou ata a Laxe. Alí mirou a sinalización da ruta de
sendeirismo e decidiu facer turismo, pero ó chegar a Penide viu un tractor e agochouse para
deixalo pasar. Era o madeireiro! A partir daquel tramo deixou de ver as marcas do sendeiro.

Perdido no monte, o porco empezou a dar voltas extraviado, ata que petou de fronte cun
“Jalucho” que baixaba embalado. O marrau, co impacto, quedou totalmente aparvado.
(*Jalucho = camión que dende hai dous anos trae terra do túnel do AVE para tapar o buraco da
canteira).

Cando espertou estaba na Prehistoria e dixo: esta festa é unha gloria! Pero contra a noitiña
decatouse de que había moito cromañón que so viñera á festa a facer botellón. E o marrán
marchou moi desgustado da Penacova.


Decidiu voltar ao río e na ponte da Pesqueira atopou unha saia tirada, un veciño que pasaba
informouno: á espantalla Eulalia arrincaronlle esa saia marrón o día da violación. O animal
quedou a pensar… quen sería o mamalón?.

Logo atravesou as pontes de madeira da Pesqueira e decatouse de que o río ía cheo… ai, miña
nai, como quedou este paseo!!!. Cando chegou á Noveleda alguén lle impediu o paso, …“esta
veiga non é paseo nin zona de recreo”... era Óscar, outro cromañón,... que repetía: Fóra de
aquí , Sr. Porcallón!!! .

O porco retrocedeu ata a Pesqueira e alí atopouse con Pepe “Pescador” que o convidou á
inauguración do Alpendre… E o porco pensou: total, pa o que se aprende...

Veña, ponme un vermú... antes de que me dean polo cú. Tomouno dun trajo e marchou ata o
Kiosko de Flora, pediulle o “Faro de Vigo” e púxolle un viño,…. pediulle “El País” e serviulle un
chupito de anís,…. e despois, que maravilla!, o cocho tamén comeu tortilla!.

Pediu as chaves do albergue para lavar os pes antes de ir á casa do Marqués e despois co Faro
debaixo do brazo entrou pola porta do Pazo.

Alí eZtaban o MarquéZ e a MarqueZa que empezaron a romperlle a cabeZa. De repente ao
animal deulle un apurón e cagou un peido que semellou unha explosión. Neses intres entrou
Lisardo, moi asustado polo tremor, que lle dixo: espera un momento, que tes que firmar un
documento . O porco leu o papel e flipou. Era un contrato cunha clausula de rescisión:

Art 8. Rescisión de contrato: ei algunha vez o cochino decidise non cagar no Pazo, perdería a
súa condición de cagón, quedando outro cochino con tódolos dereitos da cagada.

O porco saiu pola porta decidido a pedir chollo no Concello así que dirixiuse á casa de Nidia
para pedirlle unha entrevista, pero ela non estaba.

Atopouse con Manolo e e Moncho Muíños, dous patróns da Fundación que tiñan unha gran
preocupación,… alguén pretendía romper a Parroquia… buuuuffff, resoplou o Porcallón, neste
pobo non hai maneira!,… eu vou comer landras para a Carballeira!.

Xa estaba pensando en botar alí unha tempada cando mirou á Policía Local que o buscaba,…
alguén o delatara!. Subiu ao alto dun carballo e agardou a que os axentes marcharan.

Xusto nese momento pasou o tren e todo retemblou, o animal caeu abaixo porque sufriu un
mareo…

...e así, agonizando, atopámolo os do Moskeo.

Deunos tempo a escoitar as súas derradeiras vontades, que aquí reflexamos para que vos
divirtades:

No hay comentarios:

Publicar un comentario