viernes, 25 de marzo de 2011

O enterro do porco. Entroido 2011. Mos-keo

A PARROQUIA DE MOS DESPIDE O ENTROIDO CO “ENTERRO DO PORCO”.

Sábado, 12 de marzo, ás 19:30 h., no Pazo de Mos – A Carballeira.

Un ano máis a A.X. Mos-keo Colectivo organiza esta singular despedida do entroido
mosense personificada na figura do Sr. Porcallón.

Ás 19:30h. tódolos veciños poderán asistir ao velorio que terá lugar no Pazo de Mos, ao que se
roga asistir de riguroso loito e con ganas de pasalo ben.

Despois terá lugar o tradicional acompañamento ata a Carballeira (onde está o local social
da asociación xuvenil). A procesión estará acompañada polo grupo de percusión Bata-Unga e
recitaranse as cantigas compostas para honrar ao difunto animal.

Na Carballeira procederáse a lectura das derradeiras vontades por parte do notario que
repartirá as partes boas do porco (xamóns, solomillos, lacóns, etc) e tamén as malas (rabo,
bandullo, tripas,etc,..) entre diferentes persoeiros .

Os asistentes poderán coñecer a historia do Sr. Porcallón e os pormenores da súa chegada
a Mos, o percorrido que fixo e as causas que lle provocaron a morte. Estes feitos, que son
ficticios pero baseados en sucesos reais, relatan as visitas deste animal a persoeiros, políticos,
e lugares nos que hai algunha polémica de interese parroquial ou municipal.

Despois procederáse á queima do porco e para rematar (21:00h.) haberá unha degustación
dos chourizos do difunto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario