Programación ARDE O PAZO 2011.
- Ás 10 da mañá:
Chegan os marqueses ó Pazo de Mos
Apertura do mercado de artesanía e productos gastronómicos
Demostracións e obradoiros de oficios tradicionais:
Ferreiro, oleiro, instrumentos musicais, carpinteiro, millo corvo
- Ás 11:00 h. Actuación dos grupos folklóricos: As Zaragateiras, treboeiros da Muimenta.
- Ás 11:45 h. Chegada da Alarma de Pontesampaio anunciando o avance do exército do xeneral Maucune.
- Ás 12:00 h Chegada do exército francés, asalto ó mercado e apresamento dos marqueses.
Proclama do frade Giráldez e o caudillo José Benito Bernárdez
Emboscada da Alarma de Sto. Antoiño ao exército francés.
- Xantar popular: polvo á feira, carne o caldeiro, tapas variadas e furanchos.
- Á partir das 16:30 h. Animación de rúa: xogos tradicionais, obradoiros para nenos e grupo O celado.
Regueifas entre un galego e un francés. Luis Caruncho e Benito Lobariñas.
- Ás 18:00 h. Recoñecemento aos personaxes máis destacados do Val de Louriña.
Aforcamento dos prisioneiros franceses.
- Ás 19:00 h. Suso Monteira. Obradoiro de bailes franceses con música de Fernando Barroso e Luis Peixoto
Pasarúas da Charanga Charamujas e os Treboeiros da Muimenta
- Ás 21:00 h. Retorno dos franceses e incendio do Pazo (espectáculo pirotécnico).
Actuacións musicais:
Charanga Air Jalisia
Charanga Vaite Xá
En 1809 o exército de Napoleón invadiu Galiza e apoderouse das vilas máis importantes do país pero o pobo, farto dos abusos cometidos polos gabachos, organizouse para expulsalos da nosa terra en dous meses. Na súa retirada os franceses cometeron todo tipo de barbaridades. En Mos incediaron o pazo e prenderon ós marqueses, entre outros feitos destacables. Hoxe os mosenses recreamos estes acontecementos para lembrar esta parte da nosa historia no entorno do pazo, que finalmente foi reconstruido polos veciños da Parroquia de Mos 200 anos despois.